{"id":1713,"date":"2011-12-04T00:00:00","date_gmt":"2011-12-04T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=1713"},"modified":"2020-02-21T11:09:35","modified_gmt":"2020-02-21T10:09:35","slug":"a-paixon-civil-do-comunismo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=1713","title":{"rendered":"A paix\u00f3n civil do comunismo"},"content":{"rendered":"<p lang=\"gl-ES\" style=\"margin-top: 0cm; font-weight: normal;\" align=\"CENTER\"><i>El sastre de Ulm. El comunismo del siglo XX. Hechos y reflexiones. Lucio Magri.<\/i><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" style=\"margin-top: 0cm; font-weight: normal;\" align=\"CENTER\"><i>Ediciones de Intervenci\u00f3n Cultural \/ El Viejo Topo, Madrid, 2010, 409 p\u00e1xinas<\/i><\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Na intersecci\u00f3n onde se cruzan vida propia e movemento real cara a emancipaci\u00f3n do ser humano escribiu Lucio Magri (Ferrara, 1932) <i>O sastre de Ulm<\/i>. Vacinado contra cinismos finiseculares e contra a condescendencia de certa vellez pospol\u00edtica, quen exercera de director de <i>Il Manifesto<\/i> e antes formara no Comit\u00e9 Central do partido comunista con m\u00e1is militantes de Europa occidental debruza o seu tempo con paix\u00f3n civil, rigor anal\u00edtico e unha esperanza desesperada. Magri pensa dende unha esquerda marxista non dogm\u00e1tica, pero advertida historicamente da preceptividade de se organizar. \u201cSe para unha persoa xa anci\u00e1 o illamento \u00e9 decoroso, para un comunista \u00e9 o pecado m\u00e1is grave, do que hai que dar conta\u201d, escribe na <i>Introduci\u00f3n<\/i> deste memorial de combate, \u201co \u2018\u00faltimo dos mohicanos\u2019 pode ser un mito, o comunista so, e anoxado, arr\u00edscase ao rid\u00edculo se non se fai a un lado\u201d. A s\u00faa instalaci\u00f3n \u00e9 mobil e nunca clausura as outras posibilidades: o que non aconteceu puido acontecer e todo se decide na loita (de clases). Non hai determinismo ning\u00fan se se le con atenci\u00f3n na biblioteca do relato obreiro.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" style=\"margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">O italiano, que na d\u00e9cada dos setenta traballou na direcci\u00f3n do Partido de Unidade Proletaria \u2013talvez unha das experiencias m\u00e1is afinadas da extrema esquerda- e cando o PCI se suicidou pasou en Refundazione, procura, antes de m\u00e1is, as causas do esfarelamento da raz\u00f3n comunista. Apoiado no concepto de hexemon\u00eda de Gramsci -segundo as lecturas da ala esquerda da organizaci\u00f3n de Togliatti e Berlinguer- e co imperativo de atar dialecticamente pensamento e acci\u00f3n, o autor d\u2019<i>O sastre de Ulm<\/i> narra a grandeza e as miserias dunha aventura cr\u00edtica e humana que arestora, di, precisa de \u201cruptura na continuidade\u201d. Porque a fractura central resulta moito m\u00e1is grave ca un problema de comunicaci\u00f3n ou que a interpretaci\u00f3n demosc\u00f3pica. A deserci\u00f3n cultural da esquerda, a derrota no campo de batalla da linguaxe \u2013o empe\u00f1o de Magri incl\u00fae non abandonar a palabra comunismo e recargar de sentido emancipador radical \u201cliberdade\u201d ou \u201cdemocracia\u201d- ou a renuncia \u00e1 conformaci\u00f3n do intelectual colectivo son o chan sobre o que o veterano militante constr\u00fae o seu diagn\u00f3stico. O marxismo, que escolle como caixa deferramentas para interpretar o modo de produci\u00f3n dominante, debe contribu\u00edr a desaferrollar o traballo asalariado do seu car\u00e1cter de mercador\u00eda.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" style=\"margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Pero para Lucio Magri non todo foi peixe. A partir da s\u00faa propia traxectoria \u2013logo da fundaci\u00f3n de <i>Il Manifesto<\/i>, en 1969, a unha distancia cr\u00edtica do partido ao que regresa anos antes do derrubamento definitivo-, relata as dificultades do Partido Comunista que organizou aos partisanos antifascistas para ler as mutaci\u00f3ns do capitalismo contempor\u00e1neo en Italia. Tampouco a relaci\u00f3n coa nova esquerda resultou unha tarefa ben acometida, considera. Coincide co agudo <i>A rapaza do s\u00e9culo pasado<\/i>, o memorial de Rossana Rossanda, a te\u00f3rica m\u00e1is produtiva do grupo expulsado do PCI pola esquerda en 1970 e tam\u00e9n na mancheta de <i>Il Manifesto<\/i>. Se cadra o partido da orde si soubo extraer lecci\u00f3ns do feminismo claudicante, do ecoloxismo despolitizado ou dos nacionalismos non revolucionarios, e utilizounos para vender m\u00e1is obxectos e obter maior taxa de ganancia: niso consiste, por caso, a apropiaci\u00f3n espectacular de maio do 68.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" style=\"margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Certa inxenuidade parece por veces achegar as formulaci\u00f3ns de Magri a proxectos de xorne liquidacionista. A s\u00faa valoraci\u00f3n de Rodr\u00edguez Zapatero, ao que coloca no campo da esquerda, evidencia que, malia ao inxente esforzo documental d\u2019<i>O sastre de Ulm<\/i>, non sempre atina. Mais a necesidade da memoria sit\u00faao noutro espazo, o da tese de Alain Badiou cando asina, sen miga de ret\u00f3rica impostada, que o comunismo \u00e9 o \u00fanico polo que a pol\u00edtica e a historia pagan a pena. Lucio Magri non adoza a propia historia e segue o f\u00edo que a violenta. Precisamente sobre iso trata o t\u00edtulo do libro, recollido dunha estremecedora par\u00e1bola de Brecht sobre as achegas \u00e1 historia da aeron\u00e1utica do inventor esmendrellado dun aparello para voar na Idade de Media. \u201cCon todo, comenta Brecht, alg\u00fans s\u00e9culos despois os homes conseguiron voar\u201d, escribe, e lembra que foi Pietro Ingrao, cabeza impl\u00edcita da esquerda do PCI durante d\u00e9cadas, quen a empregou contra os que clausuraron o partido en 1991.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Nestes tempos interesantes, de tensi\u00f3n e revolta, prerrevolucionarios alc\u00famaos, de novo, Badiou, os feitos e as reflexi\u00f3ns cosidas por Lucio Magri engaden matices e cuesti\u00f3ns inexcus\u00e1beis para o movemento de liberaci\u00f3n da humanidade. Curiosamente, foi Enrico Berlinguer, quen non adoita ser citado m\u00e1is que como quen acompa\u00f1ou a Carrillo no seu achegamento vergonzante \u00e1 socialdemocracia, o que recuperou a esquerda no discurso do PCI serodio ao que regresou o autor d\u2019<i>O sastre de Ulm<\/i>. A cita \u00e9 longa, de 1981, pero axuda \u00e1 clarificaci\u00f3n, tam\u00e9n na Galicia de hoxe: \u201cOs partidos dexeneraron e esta \u00e9 a orixe dos problemas en Italia. Os partidos italianos hoxe en d\u00eda son sobre todo m\u00e1quinas do poder e do clientelismo: escaso ou mistificado co\u00f1ecemento da vida e dos problemas da xente, poucos e vagos ideais e programas, cero sentimento e paix\u00f3n civil. Administran intereses, decote contraditorios, \u00e1s veces sinistros, e como queira que sexa, sen relaci\u00f3n coas necesidades humanas emerxentes. Sen desmontar dita m\u00e1quina pol\u00edtica, todo saneamento econ\u00f3mico, toda reforma social, todo avance moral e cultural est\u00e1 pexado dende o inicio\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>El sastre de Ulm. El comunismo del siglo XX. Hechos y reflexiones. Lucio Magri. Ediciones de Intervenci\u00f3n Cultural \/ El<\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":1714,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[28],"tags":[1187,1188,917],"class_list":["post-1713","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-siglo-xx","tag-el-sastre-de-ulm","tag-lucio-magri","tag-resenas"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1713","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1713"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1713\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/1714"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1713"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1713"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1713"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}