{"id":1836,"date":"2012-03-14T00:00:00","date_gmt":"2012-03-14T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=1836"},"modified":"2020-02-21T09:16:34","modified_gmt":"2020-02-21T08:16:34","slug":"arredor-do-novo-proxecto-comun","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=1836","title":{"rendered":"Arredor do Novo Proxecto Com\u00fan"},"content":{"rendered":"<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">Comezo a ter a estra\u00f1a sensaci\u00f3n \u2015lendo os debates que van xurdindo aqu\u00ed e acol\u00e1 sobre iso que se co\u00f1ece como <i>O novo proxecto com\u00fan<\/i>\u2015 de que nesta terra, mesmo en sectores considerados renovadores e modernizadores, continuamos enleados en rifas ben antigas. E \u00e9 que seguir a facer a lectura da ruptura do BNG como a escisi\u00f3n entre comunistas e socialdem\u00f3cratas \u00e9, ou ben unha caricatura (porque non outra cousa \u00e9 seguir a considerar \u00e1 UPG como un partido comunista ou seguir a crer que a socialdemocracia, tal como se entend\u00eda con anterioridade ao enxendro da Terceira V\u00eda, a\u00ednda \u00e9 posible e, se me apuran, mesmo desexable) ou ben unha mostra de preguiza e de cofeo na comodidade que d\u00e1 seguir a pensar o mundo como se as \u00faltimas d\u00e9cadas non tivesen existido.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">A raz\u00f3n de existir da tradici\u00f3n marxista-leninista era a presenza dunha clase obreira miserenta e non integrada, un ex\u00e9rcito en potencia, \u00e1 que un estado maior, a vangarda revolucionaria, pod\u00eda organizar e guiar nunha estratexia insurrecional co obxectivo de instaurar un Estado hexemonizado pola clase operaria. O logro dos <i>30 gloriosos<\/i>, posteriores a 1945, foi integrar econ\u00f3mica e ideoloxicamente a ese ex\u00e9rcito de obreiros a base de darlles acceso ao benestar e ao consumo de masas. As\u00ed, <strong><b>o nacemento da clase media sup\u00f3n a morte da estratexia revolucionaria cl\u00e1sica. Gramsci, cunha capacidade de anticipaci\u00f3n asombrosa, falou ben cedo de que na Europa occidental cumpr\u00eda m\u00e1is ben aplicarse a unha guerra de posici\u00f3ns que loitase pola hexemon\u00eda <\/b><\/strong>que \u00e1 guerra de movemento (a toma do poder mediante o golpe de estado, a semellanza da Rusia de 1917).<\/p>\n<p style=\"border: none; padding: 0cm; font-style: normal; font-weight: normal; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">Todo isto xa \u00e9 historia, de a\u00ed que o do suposto leninismo da UPG (e doutros grupos que por a\u00ed andan) non \u00e9 m\u00e1is ca verniz est\u00e9tico, con nula incidencia na s\u00faa praxe real, do mesmo xeito que nos cadros de cotizaci\u00f3n de bolsa na China actual (as\u00ed o conta Josep Fontana) a cor vermella se emprega para indicar os aumentos de cotizaci\u00f3n, a diferenza do que ocorre no resto do mundo no que o verde se usa para as ganancias e o vermello para as perdas. Puro ideoloxismo sen consecuencias.<\/p>\n<p style=\"border: none; padding: 0cm; font-style: normal; font-weight: normal; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">Pola s\u00faa banda, a raz\u00f3n de existir da estratexia socialdem\u00f3crata (lembremos que o seu momento de gloria d\u00e1se nun contexto no que a intervenci\u00f3n p\u00fablica na econom\u00eda se consideraba necesaria para reconstru\u00edr un continente machucado pola guerra) consist\u00eda en demostrar que exist\u00eda unha alternativa aos cantos de serea de xustiza social que chegaban da URSS e que esta alternativa pasaba pola loita pol\u00edtica nas instituci\u00f3ns, pola simbiose cun movemento sindical potente que actuaba como contrapeso ao poder da patronal e, non o esquezamos, pola inexistencia do poder medi\u00e1tico tal e como hoxe o co\u00f1ecemos; un poder medi\u00e1tico, ademais, que, na medida en que exist\u00eda, non cuestionaba os consensos do antifascismo e refugaba de tensar a unhas sociedades fartas da guerra.<\/p>\n<p style=\"border: none; padding: 0cm; font-style: normal; font-weight: normal; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">A clase media \u00e9, a un tempo, a gran creaci\u00f3n da estratexia socialdem\u00f3crata e tam\u00e9n a s\u00faa tumba. Se o esboroamento da Uni\u00f3n Sovi\u00e9tica supuxo a fin dun contrapeso xeopol\u00edtico que contribu\u00eda decisivamente \u00e1 existencia do Estado do Benestar europeo, a contrarrevoluci\u00f3n conservadora iniciada nos anos 70 haber\u00eda rematar a faena conseguindo a cuadratura do c\u00edrculo: expandir a ideolox\u00eda da clase media acabando co movemento obreiro ao tempo que se cercenaba a condici\u00f3n de posibilidade da existencia econ\u00f3mica da propia clase media. \u00c9 dicir, o \u00e9xito \u00faltimo do neoliberalismo en Europa consistiu en polarizar economicamente \u00e1 sociedade ao tempo que ideoloxicamente a fac\u00eda m\u00e1is compacta e con menos capacidade de sequera imaxinar unha alternativa ao estado de cousas (algo, se cabe, a\u00ednda m\u00e1is dram\u00e1tico nun momento de crise do sistema como o que estamos a vivir no presente).<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">\u00c9 as\u00ed que o PP pode agora dicir sen rubor que \u00e9 o partido dos traballadores. Porque, efectivamente, <strong><b>os traballadores realmente existentes xa hai tempo que perderon a s\u00faa condici\u00f3n de clase diferenciada, coas s\u00faa pr\u00e1cticas sociais xenu\u00ednas e a s\u00faa propia cultura, e que se integraron nese gran e difuso construto que \u00e9 o pensamento e pr\u00e1ctica social da clase media<\/b><\/strong>. De a\u00ed que hoxe todos os partidos, a comezar polos socialdem\u00f3cratas, sexan, no fondo, <i>catch all parties<\/i>.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">Engadido a isto, o fen\u00f3meno da globalizaci\u00f3n acabou de desarmar a unhas sociedades que ver\u00edan como a soberan\u00eda estatal era deconstru\u00edda en favor de superestruturas non controladas democraticamente como a UE. Isto, que desde naci\u00f3ns perif\u00e9ricas como a nosa poder\u00eda dar lugar a lecturas positivas, estase a demostrar como un aut\u00e9ntico espellismo, pois <strong><b>pasamos de estar condicionados por estados-naci\u00f3n que a\u00ednda posu\u00edan certa capacidade para tomaren decisi\u00f3ns (e nas que, mal que ben, a\u00ednda podiamos influ\u00edr nalg\u00fan sentido) a est\u00e1rmolo por burocracias moiafastadas nas que apenas temos capacidade de influ\u00edr <\/b><\/strong>e nas que, por riba, temos que seguir mediando a trav\u00e9s dos mesmos estados-naci\u00f3n pero baleirados de substancia soberana. Por dicilo na vella xerga do postcolonialismo: agora estamos a ser colonizados por colonias que por non poder, non poden nin acu\u00f1ar moeda e cuxa metr\u00f3pole \u00e9 algo tan difuso como o flu\u00edr sen patria de capitais.<\/p>\n<p style=\"border: none; padding: 0cm; font-style: normal; font-weight: normal; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">Por iso, con este contexto como pano de fondo, unha ferramenta pol\u00edtica que naza coa pretensi\u00f3n de ser \u00fatil a medio prazo na transformaci\u00f3n da sociedade deber\u00eda, na mi\u00f1a opini\u00f3n, abordar as seguintes cuesti\u00f3ns:<\/p>\n<ol>\n<li>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\"><strong><b>Como conseguir crear unha cultura de movemento<\/b><\/strong>. A simple creaci\u00f3n dun partido pol\u00edtico ao uso para xogar nas instituci\u00f3ns sen asumir a necesidade de crear tecido social e ferramentas comunicativas que poidan deter a apisoadora ideol\u00f3xica neoliberal (os medios de comunicaci\u00f3n, d\u00edo Manuel Castells, non son o cuarto poder, son o lugar no que se crea o poder) semella unha tarefa insuficiente e, en derradeiro caso, abocada ao fracaso.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">\n<\/li>\n<li>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\"><strong><b>Cal debe ser a relaci\u00f3n do partido cunhas instituci\u00f3ns cada vez m\u00e1is baleiras de capacidade real de acci\u00f3n<\/b><\/strong>. Dito doutro xeito, como conxugar o car\u00e1cter reformista de todo partido que aspira a estar nas instituci\u00f3ns co car\u00e1cter revolucionario que deber\u00eda ter un partido consciente das limitaci\u00f3ns impl\u00edcitas a esas mesmas instituci\u00f3ns. Dous exemplos: a) Os l\u00edmites impostos pola xustiza espa\u00f1ola \u00e1 reforma democr\u00e1tica do Estatut de Catalunya est\u00e1n obrigando ao nacionalismo catal\u00e1n a buscar, na mobilizaci\u00f3n da sociedade civil pola independencia, novos cami\u00f1os que sorteen eses l\u00edmites institucionais. b) A consideraci\u00f3n de precepto constitucional das pol\u00edticas de d\u00e9ficit cero aprobado tanto por PSOE como por PP, seguindo as ordes de Bruxelas, \u00e9 unha boa mostra do cors\u00e9 que supo\u00f1en, cada vez m\u00e1is, as instituci\u00f3ns actuais para calquera pol\u00edtica alternativa ao dogma neoliberal. Pero como ademais dos impedimentos legais para levar a cabo certas pol\u00edticas hai tam\u00e9n outros impedimentos non escritos pero tremendamente condicionantes, <strong><b>a cuesti\u00f3n m\u00e1is importante que afronta hoxe a esquerda en toda Europa non \u00e9 tanto a de ser capaz de crear un programa alternativo ao da dereita, sen\u00f3n a de atreverse a levalo a cabo malia que adve\u00f1a a apocalipse<\/b><\/strong>. Vela\u00ed o reto revolucionario da esquerda de hoxe.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">\n<\/li>\n<li>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">Se, malia a dificultade estrutural de implementar pol\u00edticas alternativas, se puidese facer pol\u00edtica econ\u00f3mica keynesiana, <strong><b>c\u00f3mo impedir que a inercia e o curtopracismo inherente a toda organizaci\u00f3n bloqueen nese potencial partido-movemento a vontade de probar tam\u00e9n outras pol\u00edticas que desaf\u00eden a l\u00f3xica do capitalismo de consumo de masas e que incl\u00faan o discurso ecoloxista<\/b><\/strong>. No mundo global e multipolar cara ao que cami\u00f1amos non deberiamos perder de vista que o keynesianismo, que en comparaci\u00f3n co neoliberalismo semella hoxe revolucionario, pode acabar convert\u00e9ndose nunha pol\u00edtica econ\u00f3mica tan suicida como a neoliberal. <strong><b>Non hai planeta para unha pol\u00edtica industrial keynesiana multiplicada por todos os pa\u00edses do mundo <\/b><\/strong>que hoxe, a diferenza de 1945, si est\u00e1n en disposici\u00f3n de poderen desenvolver tales pol\u00edticas e que contan cunhas poboaci\u00f3ns que devecen polo mesmo benestar ca n\u00f3s; de a\u00ed que no presente a contradici\u00f3n xa non se dea exclusivamente entre econom\u00eda privada vs. econom\u00eda p\u00fablica sen\u00f3n tam\u00e9n entre estas e a noci\u00f3n do Com\u00fan (todo aquilo que precisamos para levar unha vida digna e que o industrialismo tanto de iniciativa privada como p\u00fablica pode ameazar).<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">\n<\/li>\n<li>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\"><strong><b>A porosidade entre o partido que leve \u00e1 instancia pol\u00edtica as demandas populares e os movementos sociais <\/b><\/strong>que, coa sua praxe, po\u00f1en en pr\u00e1ctica ese novo <i>Ethos <\/i>que desaf\u00ede o sistema de valores imperante deber\u00eda estar por riba da l\u00f3xica institucional na que todo partido acaba enleado. <strong><b>Este partido-movemento de novo cu\u00f1o deber\u00eda constru\u00edrse de xeito que puidese evitar o cami\u00f1o que vai da especializaci\u00f3n dos cargos pol\u00edticos \u00e1s burocracias retroalimentadas <\/b><\/strong>(\u201cesp\u00edritos coagulados\u201d, que dir\u00eda Max Weber), de xeito que se impedise en todo momento a conformaci\u00f3n de nomenclaturas que rematasen por facer da s\u00faa reproduci\u00f3n un fin en si mesmo. Algo, por certo, que non \u00e9 un vicio imputable en exclusiva \u00e1 UPG sen\u00f3n que se repite en todas as organizaci\u00f3n pol\u00edticas existentes. As\u00ed, vimos de ver na asamblea na que +GZ decid\u00eda se permanec\u00eda ou non como corrente dentro do BNG, como a aplicaci\u00f3n da m\u00e1xima conservadora ignaciana de non facer mudanzas en tempos de tribulaci\u00f3n coincidiu, salvo honrosas excepci\u00f3ns, e non por casualidade, xustamente nas persoas que ti\u00f1an alg\u00fan cargo relevante no Bloque ou nas instituci\u00f3ns.<\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">\n<\/li>\n<li>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">\n<\/li>\n<li>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; border: none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;\" align=\"JUSTIFY\">\n<\/li>\n<\/ol>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\" align=\"JUSTIFY\">\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\" align=\"JUSTIFY\"><i>Publicado en Praza p\u00fablica: <a href=\"http:\/\/praza.com\/opinion\/134\/arredor-do-novo-proxecto-comun\/\">http:\/\/praza.com\/opinion\/134\/arredor-do-novo-proxecto-comun\/<\/a> <\/i><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p style='margin-bottom: 0cm; border: medium none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;' align='JUSTIFY'>A cuesti\u00f3n m\u00e1is importante que afronta hoxe a esquerda en toda Europa non \u00e9 tanto a de ser capaz de crear un programa alternativo ao da dereita, sen\u00f3n a de atreverse a levalo a cabo malia que adve\u00f1a a apocalipse<\/p>\n<p style='margin-bottom: 0cm; border: medium none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;' align='JUSTIFY'>\u00a0<\/p>\n<p style='margin-bottom: 0cm; border: medium none; padding: 0cm; line-height: 150%; widows: 2; orphans: 2;' align='JUSTIFY'>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":1837,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[13],"tags":[],"class_list":["post-1836","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-la-izquierda-a-debate"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1836","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1836"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1836\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/1837"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1836"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1836"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1836"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}