{"id":2191,"date":"2013-04-07T00:00:00","date_gmt":"2013-04-07T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=2191"},"modified":"2020-02-19T17:36:41","modified_gmt":"2020-02-19T16:36:41","slug":"as-falsas-polarizacions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=2191","title":{"rendered":"As falsas polarizaci\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\"><b>De entre as trifulcas m\u00e1is recorrentes no seo do bizantinismo interno da esquerda pol\u00edtica ningunha \u00e9 tan aborrecida e habitual como aquela que establece a polarizaci\u00f3n ideol\u00f3xica dentro da organizaci\u00f3n entre unha pola gradualista socialdem\u00f3crata e outra vangardista revolucionaria.<\/b> Estas foron, co permiso dos libertarios, as d\u00faas grandes estratexias hist\u00f3ricas da esquerda, polo menos en Europa, para transformar politicamente a realidade.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">A estratexia vangardista revolucionaria triunfou, \u00e1 hora de tomar o poder e dirixir o Estado, na revoluci\u00f3n do 1917; pero a incapacidade de levar \u00e1 pr\u00e1ctica as promesas dun mundo mellor chegar\u00eda ao paroxismo co colapso da URSS en 1989. Por outra banda, a imposibilidade de que a revoluci\u00f3n se propagase tam\u00e9n por Europa occidental demostrou, xa naquel incipiente s\u00e9culo XX, que a experiencia rusa ser\u00eda m\u00e1is unha excepci\u00f3n ca unha norma.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\"><b>A estratexia socialdem\u00f3crata conseguiu os seus propios triunfos, sobre todo despois da segunda guerra mundial e en boa medida pola existencia como ameaza xeopol\u00edtica e polo de atracci\u00f3n ut\u00f3pico para as clases traballadoras occidentais da Uni\u00f3n Sovi\u00e9tica<\/b>, pero este triunfo provocou a condici\u00f3n de posibilidade da s\u00faa propia derrota futura: a integraci\u00f3n material e ideol\u00f3xica das clases traballadoras no capitalismo. Derrota hoxe incuestionable cando asistimos ao espect\u00e1culo pat\u00e9tico que ofrecen uns partidos socialdem\u00f3cratas impotentes para evitar o desmantelamento do estado do benestar.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">E \u00e9 que como dic\u00eda o historiador Josep Fontana nunha entrevista recente:<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\"><i>Rematou unha \u00e9poca, a da vella pol\u00edtica m\u00e1is ou menos socialdem\u00f3crata, nas que as cousas se negociaban. \u00c9 dif\u00edcil darse de conta de ata que punto, durante 200 anos houbo efectivamente uns medos que xustificaron que quen ti\u00f1an os recursos nas s\u00faas mans aceptasen negociar. Eran uns medos irracionais. Pero eran medos. Agora, a esixencia \u00e1 xente para que baixe os seus soldos estase a converter nunha cousa sistem\u00e1tica. Rematou negociar. Decidiron que as cousas te\u00f1en que mudar e que imos a un proceso de crecemento da desigualdade.<\/i><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Pero se esas categor\u00edas que hoxe polarizan absurdamente as esquerdas pol\u00edticas non son m\u00e1is ca falsas polarizaci\u00f3ns produto da incapacidade da propia esquerda para pensarse de xeito cr\u00edtico a si mesma, <b>cales son as categor\u00edas que deber\u00edan actuar coma verdadeiros estremos polarizantes na vida interna das organizaci\u00f3ns?<\/b> Na mi\u00f1a opini\u00f3n a polarizaci\u00f3n real no seo da esquerda pol\u00edtica radica nestas d\u00faas contraposici\u00f3ns:<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">A primeira, a que se d\u00e1 entre os que saben que non hai mudanza sen sociedade civil organizada e co\u00f1ecedora da s\u00faa forza, \u00e9 dicir, sen suxeito pol\u00edtico consciente e articulado, e os que pensan que, sexa na modalidade reformista socialdem\u00f3crata ou sexa na modalidade vangardista revolucionaria, \u00e9 posible seguir a exercer de representantes sen representados. <b>De vangarda sen masas. De partido sen movemento.<\/b><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\"><b>A segunda das contraposici\u00f3ns \u00e9 aquela que se d\u00e1 entre os que apostan pola democracia radical no seo das organizaci\u00f3ns e os que seguen a concibir estas coma coutos pechados<\/b>, a modo de altos mandos militares, nos que pairan pequenos grupos dirixentes e fontaneiros de medio pelo. Nesta cuesti\u00f3n \u00e9 especialmente absurda a contraposici\u00f3n entre reformistas e revolucionarios se tanto dentro dos herdeiros dunha tradici\u00f3n como nos da outra \u00e9 posible atopar inimigos da democracia radical, dos liderados compartidos, da toma de decisi\u00f3ns colectivas, da socializaci\u00f3n da informaci\u00f3n e da apertura total \u00e1 participaci\u00f3n social.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p style='margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; font-weight: normal; line-height: 150%;' lang='es-ES' align='JUSTIFY'>De entre as trifulcas m\u00e1is recorrentes no seo do bizantinismo interno da esquerda pol\u00edtica ningunha \u00e9 tan aborrecida e habitual como aquela que establece a polarizaci\u00f3n ideol\u00f3xica dentro da organizaci\u00f3n entre unha pola gradualista socialdem\u00f3crata e outra vangardista revolucionaria.<\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":2192,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[13],"tags":[],"class_list":["post-2191","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-la-izquierda-a-debate"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2191","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2191"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2191\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/2192"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2191"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2191"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2191"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}