{"id":2369,"date":"2013-09-28T00:00:00","date_gmt":"2013-09-28T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=2369"},"modified":"2020-02-19T12:23:17","modified_gmt":"2020-02-19T11:23:17","slug":"crise-e-problema-nacional","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=2369","title":{"rendered":"Crise e problema nacional"},"content":{"rendered":"<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\"><u><a href=\"http:\/\/politica.elpais.com\/politica\/2012\/09\/16\/actualidad\/1347803656_474244.html\">\u00abSe CIU vai cara a independencia ter\u00e1 ao PSOE en fronte\u00bb<\/a><\/u>, di Rubalcaba. Como se s\u00f3 iso supuxese xa unha soluci\u00f3n a algo. O seu partido, o PSOE, semella tan descolocado no asunto territorial como no resto de asuntos. Desde a Transici\u00f3n ese partido dereitizouse a marchas forzadas no socioecon\u00f3mico. Algo que non lle causou grandes problemas mentres o existente produc\u00eda excedentes abondos para manter satisfeita a unha parte da sociedade o suficientemente ampla como para termar o status quo. Pero esa xa non \u00e9 a situaci\u00f3n presente. Agora o reparto de fabas non d\u00e1 para colmar ao n\u00famero m\u00ednimo necesario e cada d\u00eda que pasa son m\u00e1is os que abren a boca anoxados reclamando o seu anaco.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Un partido que enfocou toda a s\u00faa existencia \u00e1 tarefa de xestionar a abundancia vese collido co p\u00e9 mudado neste novo tempo. De a\u00ed as d\u00fabidas existenciais sobre como de oposta debe ser a oposici\u00f3n a opo\u00f1er. Ben dif\u00edcil ha de ser, abof\u00e9, propor alternativas con credibilidade despois de d\u00e9cadas vendendo unicamente consensos e m\u00e1is consensos, que \u00e9 o outro xeito de chamarlle aos arranxos \u00e1 baixa nos que as clases populares sempre \u00edan perdendo, pouco a pouco, os seus dereitos. No territorial suc\u00e9delle algo semellante. A maquillaxe do franquismo que supuxo a Transici\u00f3n, coa s\u00faa aceptaci\u00f3n da bandeira franquista, da monarqu\u00eda e coa continuaci\u00f3n das elites franquistas no aparato do estado fixeron que hoxe, corenta anos despois, o significante Espa\u00f1a siga a ser considerado por milleiros de persoas, especialmente na chamada periferia, como algo antip\u00e1tico, reseso, reaccionario e, sobre todo, alleo.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Este problema no territorial tam\u00e9n o veu padecendo, en certa medida, IU. Eles tam\u00e9n pagaron a bendici\u00f3n que deu o PCE \u00e1 Transici\u00f3n e \u00e1 falsa sa\u00edda que esta supuxo. Por sorte algo de autocr\u00edtica xa fixeron, dun tempo a esta parte mesmo andan a retomar a reivindicaci\u00f3n da bandeira republicana (haber\u00e1 que ver con que contidos a enchen porque a un, chegado un momento, tanto lle ten que o excl\u00faan dunha monarqu\u00eda que dunha rep\u00fablica), pero moitos deles seguen sen comprender que todos estes anos formando parte do consenso da Transici\u00f3n non poden ser sacados, dun plumazo, da, por as\u00ed chamala, contabilidade pol\u00edtica que levan os que nunca aceptaron a Transici\u00f3n\/transacci\u00f3n; \u00e9 dicir, que aquelas renuncias de antanto est\u00e1n a cobrar as s\u00faas facturas hoxe.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">E \u00e9 que foi tempo demais sen traballar un horizonte viable que solucionase o problema nacional espa\u00f1ol. Anos nos que a cuesti\u00f3n republicana e federal (ou confederal) estivo oculta tras o caf\u00e9 para todos e a reconciliaci\u00f3n nacional e nos que a dereita tivo todo o campo do simb\u00f3lico para que Espa\u00f1a seguira a ser o que fora nos corenta anos do franquismo. Nas \u00abperiferias\u00bb todo este tempo non ficou suspendido no limbo. A lexitimidade rupturista continuou nestes territorios (nuns con m\u00e1is fortuna que noutros) e os significantes das respectivas naci\u00f3ns sen estado redobraron a s\u00faa lexitimidade, toda vez que a s\u00faa mera existencia (e a existencia das s\u00faas linguas e culturas) representaban un vestixio vivo de todo o que Franco quixo exterminar. As\u00ed, nestes territorios, a naci\u00f3n sen estado ocupou o baleiro que a propia esquerda espa\u00f1ola deixou o d\u00eda que renunciou a so\u00f1ar unha Espa\u00f1a diferente.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Dito isto, compre tam\u00e9n facer unha reflexi\u00f3n arredor das posturas dos distintos nacionalismos perif\u00e9ricos. O periodo de vacas gordas post-transici\u00f3n tivo tam\u00e9n os seus efectos sobre eles. En tempos de baixa polarizaci\u00f3n socioecon\u00f3mica \u00e9 moito m\u00e1is sinxelo centrar toda a dial\u00e9ctica pol\u00edtica no eixo centro-periferia. \u00c9 as\u00ed que, nestes pasados anos, maridaxes e alianzas entre nacionalistas de aqu\u00ed e acol\u00e1, de esquerda e de dereita, foron posibles sen que as madeiras renxesen de m\u00e1is.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Se o PSOE abandonou todo, federalismo e alternativa econ\u00f3mica, e o PCE abandonou o primeiro, os nacionalismos das distintas naci\u00f3ns sen estado puideron concentrarse no simb\u00f3lico-cultural deixando o socioecon\u00f3mico nun segundo plano. Pero tam\u00e9n aqu\u00ed vivimos hoxe un cambio. A ambig\u00fcidade que deixa a gran mobilizaci\u00f3n pola independencia da Diada en Catalunya expr\u00e9sao cunha nitidez absoluta. Nun tempo en que a soberan\u00eda popular non existe en ning\u00fan estado da UE, no que democracia non rexe e no que as consecuencias da crise se est\u00e1n a cargar de xeito desigual nas costas das clases populares e dos ricos, non \u00e9 v\u00e1lido dar por boa a falsa sa\u00edda independentista da burgues\u00eda catal\u00e1. Unha Catalunya que se limite a ser un nou estat de Europa non ser\u00e1 unha Catalunya m\u00e1is soberana (e polo tanto m\u00e1is xusta) que Espa\u00f1a ou Portugal.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"margin-top: 0.64cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">CIU, despois de converter a Catalunya no laboratorio neoliberal do Estado, soubo hexemonizar \u00e1 perfecci\u00f3n a manifestaci\u00f3n da Diada para desviar o descontento social cara unha falsa sa\u00edda. O reto da esquerda nacionalista catal\u00e1 para contrarrestar iso \u00e9 grande. Tam\u00e9n o \u00e9 o reto dos nacionalistas galegos ou vascos para non separaren, agora m\u00e1is ca nunca, a liberaci\u00f3n nacional da social. Unha alianza estrat\u00e9xica, cuns novos m\u00ednimos compartidos, entre as esquerdas do centro e da periferia, que pulase de vez por unha soluci\u00f3n ao problema nacional poder\u00eda ser o \u00fanico xeito de que, por unha banda, as esquerdas estatais (PSOE e IU) readquirisen a lexitimidade da que se desprenderon durante a Transici\u00f3n e de que as esquerdas da \u00abperiferia\u00bb non caesen nos cantos de serea das s\u00faas respectivas \u00abburgues\u00edas nacionais\u00bb (al\u00e1 onde as hai porque onde, como en Galiza, non a hai salvo na imaxinaci\u00f3n de alg\u00fans, calquera sa\u00edda deste tipo \u00e9 tan absurda que custa pensar que haxa quen acredite nela) para as que limitar a sa\u00edda da crise a un novo reparto de rex\u00edmenes fiscais supor\u00eda todo un triunfo sobre as clases populares das s\u00faas respectivas naci\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"\n<p><p class='MsoNormal' style='text-align: justify; text-justify: inter-ideograph;'>Unha Catalunya que se limite a ser un nou estat de Europa non ser\u00e1 unha Catalunya m\u00e1is soberana (e polo tanto m\u00e1is xusta) que Espa\u00f1a ou Portugal<\/p><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":2370,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[13],"tags":[],"class_list":["post-2369","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-la-izquierda-a-debate"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2369","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2369"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2369\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/2370"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2369"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2369"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2369"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}