{"id":2391,"date":"2013-10-10T00:00:00","date_gmt":"2013-10-10T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=2391"},"modified":"2020-02-19T12:11:59","modified_gmt":"2020-02-19T11:11:59","slug":"notas-sobre-o-concepto-de-estado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=2391","title":{"rendered":"Notas sobre o concepto de Estado"},"content":{"rendered":"<p class=\"western\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\"><i>Transcrici\u00f3n aproximada da mi\u00f1a exposici\u00f3n, en representaci\u00f3n de Anova, no<\/i><a href=\"http:\/\/praza.com\/opinion\/1350\/que-e-o-estado-para-que-serve\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\"><i> <\/i><i>debate organizado por ECOAR<\/i><\/a><i> <\/i><i>arredor das cuesti\u00f3ns \u201cQue \u00e9 o Estado? Para que serve o Estado?.\u201d<\/i><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Anova ten por un dos seus principios pol\u00edticos, aprobados na s\u00faa Asemblea Constitu\u00ednte celebrada na moi republicana data do 14 de xullo de 2012, o \u201cRepublicanismo\u201d. E nos seu principios \u00e9tico-pol\u00edticos abunda no tema engadindo: \u00abRep\u00fablica. Asumimos a rep\u00fablica como cultura civico-pol\u00edtica e non s\u00f3 coma r\u00e9xime pol\u00edtico formal\u00bb.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Esta aclaraci\u00f3n do que entende Anova por republicanismo \u00e9 sumamente importante. E fai que Anova se sit\u00fae nas coordenadas dunha tradici\u00f3n pol\u00edtica moi antiga. Ao analizar esta cuesti\u00f3n c\u00f3mpre comprender ben a diferenza entre a concepci\u00f3n liberal do Estado e a concepci\u00f3n republicana. Para explicar esta dinstici\u00f3n vou seguir ao pensador catal\u00e1n Joaqu\u00edn Miras, que ten reflexionado abondo sobre o tema.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">A gran diferenza entre a forma de concebir o Estado por parte da tradici\u00f3n liberal e a tradici\u00f3n republicana -desde Arist\u00f3teles pasando por Rousseau e Hegel a Marx e Gramsci- estriba en que para a tradici\u00f3n liberal o Estado consiste no aparato pol\u00edtico-administrativo-burocr\u00e1tico e as s\u00faas instituci\u00f3ns lexislativas, executivas, xudiciais ordenadas pola lei constitucional e separadas da sociedade civil.<\/p>\n<p class=\"western\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Para a tradici\u00f3n republicana o Estado non \u00e9 a lei, nin os aparatos pol\u00edticos nin a actividade emanada destes sen\u00f3n que o Estado consiste no conxunto de principios morais dunha comunidade e as pr\u00e1cticas coherentes a aqueles encami\u00f1adas a conseguir o benestar colectivo. \u00c9 dicir, as instituci\u00f3ns, como materializaci\u00f3n positiva, son epifen\u00f3menos do <i>ethos<\/i>.<\/p>\n<p class=\"western\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">A <i>res<\/i> p\u00fablica ser\u00eda, logo, a actividade desenvolvida pola sociedade para deliberar e controlar o entramado cultural e organizativo que rexe a vida coti\u00e1 das persoas. E entre ese control, desde logo, \u00e9 central a cuesti\u00f3n da fiscalizaci\u00f3n e decisi\u00f3n sobre os recursos econ\u00f3micos para que estes aseguren o benestar e a reproduci\u00f3n digna de toda a poboaci\u00f3n. \u00c9 dicir, a Econom\u00eda pol\u00edtica.<\/p>\n<p class=\"western\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Cando Marx di, na <i>Cr\u00edtica ao programa de Gotha<\/i>: \u00abEsta fantas\u00eda de que con empr\u00e9stitos do Estado p\u00f3dese construir unha nova sociedade como se constr\u00fae un novo ferrocarril \u00e9 digna de Lassalle! (o dirixente do Partido Socialdem\u00f3crata Alem\u00e1n)\u201d est\u00e1, precisamente, criticando o estatismo propio da tradici\u00f3n socialdem\u00f3crata (contaxiada m\u00e1is tarde \u00e1 tradici\u00f3n comunista) e a s\u00faa asunci\u00f3n da concepci\u00f3n do Estado positivista liberal como lugar no que se desenvolve a loita pol\u00edtica e na que os representantes substit\u00faen aos representados e o Parlamento substit\u00fae a calquera outra f\u00f3rmula de decisi\u00f3n pol\u00edtica creada na sociedade.<\/p>\n<p class=\"western\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Na concepci\u00f3n do Estado liberal, especialmente na s\u00faa versi\u00f3n decimon\u00f3nica, o \u00fanico importante \u00e9 o reco\u00f1ecemento formal dunha legalidade concebida para que o principio de propiedade privada sexa respectado. Coa incorporaci\u00f3n doutros dereitos, ga\u00f1ados a pulso polas clases populares durante o s\u00e9culo XX, as democracias liberais tiveron que incorporar, cando menos formalmente, lexislaci\u00f3n que recollese moitas das demandas dos de abaixo; pero, en coherencia coa s\u00faa concepci\u00f3n do Estado como aparato pol\u00edtico-burocr\u00e1tico-coercitivo, a cuesti\u00f3n de como se articulaban realmente na vida coti\u00e1 da persoas eses dereitos foi algo moito m\u00e1is secundario (para este formalismo liberal nun exemplo recente v\u00e9xase o dereito \u00e1 vivenda digna que recolle o artigo 47 da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola de 1978). \u00c9 tam\u00e9n por iso que o liberalismo separa \u00e1 sociedade civil do Estado. Describe \u00e1 primeira coma un espazo de liberdade privada (liberdade a respecto do Estado, claro) no que toda inxerencia por parte deste \u00e9 interpretada como opresi\u00f3n ou totalitarismo. Podemos as\u00ed entender que nas democracias liberais poidan pervivir aut\u00e9nticas illas de alegalidade como son as empresas nas que reina, m\u00e1is ca nada, a excepcionalidade e nas que rexe o vello dereito de familia medieval, no que o pater familias (o patr\u00f3n) exerc\u00eda a autoridade absoluta directamente.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Tendo clara esta concepci\u00f3n do Estado propia da tradici\u00f3n republicana podemos comprender mellor por que para Gramsci \u00e9 tan importante, \u00e1 hora trazar unha estratexia de esquerdas, o concepto de hexemon\u00eda. A loita de clases que ten lugar na sociedade civil \u00e9 central para Gramsci e para o republicanismo porque a concepci\u00f3n do mundo e as pr\u00e1cticas que o suxeito pol\u00edtico que se pretende revolucionario vai desenvolvendo nesa instancia conforman xa Estado. Conforman o Estado alternativo ao Estado entendido como aparato burocr\u00e1tico e coercitivo liberal.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Tendo clara tam\u00e9n esta concepci\u00f3n do Estado, podemos comprender moito mellor por que a esquerda, sobre todo a esquerda movimentista en maior medida que a partidaria, est\u00e1 a soster que m\u00e1is que da contradici\u00f3n entre o Privado e o P\u00fablico Estatal c\u00f3mpre falar da contradici\u00f3n entre estes e o Com\u00fan. E \u00e9 que s\u00f3 desde unha concepci\u00f3n similar \u00e1 socialdem\u00f3crata, \u00e9 dicir, asumindo a concepci\u00f3n do Estado liberal, p\u00f3dese crer que limitar a acci\u00f3n pol\u00edtica a ese aparato burocr\u00e1tico \u00e9 suficiente para facer mudanzas que vaian \u00e1 ra\u00edz dos problemas. Por contra, a teorizaci\u00f3n do Com\u00fan concibe o Estado de xeito similar \u00e1 do republicanismo cl\u00e1sico xa que, coma este, entende que a actividade da xente que desenvolve unha nova concepci\u00f3n do mundo e unha nova praxe que realiza esa concepci\u00f3n \u00e9 a que pode encarnar unha verdadeira alternativa ao Estado capitalista.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Nos Principios \u00e9tico-pol\u00edticos de Anova dise:<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">12. \u00abUn movemento pol\u00edtico. Non abonda con formular propostas e respostas alternativas ao sistema pol\u00edtico imperante, \u00e9 preciso xerar redes e relaci\u00f3ns sociais coherentes coas respostas que estamos a propor. Un movemento verdadeiramente transformador e emancipador que debe anticiparse \u00e1s instituci\u00f3ns pol\u00edticas convencionais, xerando, apoiando e asesorando proxectos emancipadores e alternativos ao sistema actual.\u00bb<\/p>\n<p class=\"western\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\">Este punto, como se puido ver, \u00e9 totalmente coherente coa concepci\u00f3n do Estado republicana que vimos de exp\u00f3r. Anova xa ten isto claro a nivel formal. Pero como Anova non \u00e9 unha forza liberal, sabe perfectamente que co reco\u00f1ecemento formal das cousas non abonda. \u00c9 necesaria a pr\u00e1ctica concreta e coti\u00e1 para xerar unha eticidade alternativa, un novo Estado, digno de tal nome. Dedicar os mesmos esforzos que se dedican \u00e1 vida institucional a \u201cxerar redes e relaci\u00f3ns sociais coherentes coas respostas que se propo\u00f1en\u201d \u00e9 un traballo que Anova a\u00ednda ten pendente.<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; line-height: 150%;\">\n<p class=\"western\" style=\"margin-top: 0.2cm; margin-bottom: 0cm; background: #ffffff; line-height: 150%;\" align=\"JUSTIFY\"><a href=\"http:\/\/ofunambulistacoxo.blogspot.com.es\/2013\/10\/notas-sobre-o-concepto-de-estado.html\">http:\/\/ofunambulistacoxo.blogspot.com.es\/2013\/10\/notas-sobre-o-concepto-de-estado.html<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p class='MsoNormal' style='text-align: justify; line-height: 19.2pt; background: white;'>A gran diferenza entre a forma de concebir o Estado por parte da tradici\u00f3n liberal e a tradici\u00f3n republicana -desde Arist\u00f3teles pasando por Rousseau e Hegel a Marx e Gramsci- estriba en que para a tradici\u00f3n liberal o Estado consiste no aparato pol\u00edtico-administrativo-burocr\u00e1tico e as s\u00faas instituci\u00f3ns lexislativas, executivas, xudiciais ordenadas pola lei constitucional e separadas da sociedade civil.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p class='MsoNormal' style='text-align: justify; line-height: 19.2pt; background: white;'>Para a tradici\u00f3n republicana o Estado non \u00e9 a lei, nin os aparatos pol\u00edticos nin a actividade emanada destes sen\u00f3n que o Estado consiste no conxunto de principios morais dunha comunidade e as pr\u00e1cticas coherentes a aqueles encami\u00f1adas a conseguir o benestar colectivo. \u00c9 dicir, as instituci\u00f3ns, como materializaci\u00f3n positiva, son epifen\u00f3menos do ethos.<\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":2392,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,13],"tags":[],"class_list":["post-2391","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-democracia-republica","category-la-izquierda-a-debate"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2391","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2391"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2391\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/2392"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2391"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2391"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2391"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}