{"id":2978,"date":"2015-06-25T00:00:00","date_gmt":"2015-06-25T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=2978"},"modified":"2020-02-16T07:45:39","modified_gmt":"2020-02-16T06:45:39","slug":"repeticion-da-farsa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=2978","title":{"rendered":"Repetici\u00f3n da farsa"},"content":{"rendered":"<p>Un cap\u00edtulo da traxedia\/farsa grega v\u00e9n de rematar co principio de acordo entre o goberno grego e as <i>Instituci\u00f3ns<\/i> eufemismo inventado recentemente para non dicir <i>Troika <\/i>-que \u00e1 s\u00faa vez era un eufemismo para disfrazar o feito de que, canda o FMI, dous \u00f3rganos antidemocr\u00e1ticos da bendita Uni\u00f3n Europea (Comisi\u00f3n Europea e o BCE) integraban esa banda mafiosa.<\/p>\n<p><a name=\"_GoBack\"><\/a> Segundo Sthatis Kouvelakis, membro do Comit\u00e9 Central de Syriza e l\u00edder da Plataforma de Esquerdas desa coalici\u00f3n, co preacordo de onte o goberno grego sobrepasou todas as li\u00f1as vermellas. Kouvelakis cualifica de \u201cabsolutamente deprimente\u201d o pacote de medidas proposto polo goberno grego para chegar a un acordo coa Troika: incremento do menos progresivo dos impostos como \u00e9 o IVE; reforma das pensi\u00f3ns a trav\u00e9s de restrici\u00f3ns \u00e1 xubilaci\u00f3n anticipada e do aumento das contribuci\u00f3ns dos asalariados; aumento de impostos; continuaci\u00f3n coas privatizaci\u00f3ns previstas por anteriores gobernos; recorte m\u00ednimo no orzamento militar (caber\u00eda preguntarse a quen compra Grecia ese armamento para que non interese recortar por a\u00ed).<b> <\/b>O goberno grego agarda recadar 8 mil mill\u00f3ns durante os pr\u00f3ximos dous anos, cartos que, naturalmente, non ser\u00e1n investidos no pa\u00eds sen\u00f3n que servir\u00e1n para continuar alimentando o saco sen fondo dunha d\u00e9beda impagable que unha comisi\u00f3n nomeada polo propio parlamento grego v\u00e9n de cualificar de d\u00e9beda odiosa (a disonancia entre o que di o Parlamento e o que ordena facer a troika e a prevalencia desta \u00faltima \u00e9 absolutamente clarificadora do contexto antidemocr\u00e1tico no que estamos). Unha aut\u00e9ntica sangr\u00eda para un pa\u00eds que xa reduciu nun 25% o seu PIB e que s\u00f3 significar\u00e1 m\u00e1is recesi\u00f3n, m\u00e1is pobreza e m\u00e1is desemprego. O programa de Tesal\u00f3nica, aquel polo que Syriza foi escollida nas elecci\u00f3ns de xaneiro est\u00e1, a dicir de Kouvelakis, enterrado.<\/p>\n<p>Nos termos de Costas Lapavitsas,<b> <\/b>p\u00f3dese dicir xa sen ning\u00fan tipo de rodeo que a estratexia do \u201deuro bo\u201d, a crenza idealista de que era posible outro tipo de pol\u00edticas dentro do estrito cors\u00e9 da eurozona, fracasou estrepitosamente. As\u00ed parece entendelo tam\u00e9n Kouvelakis quen, \u00e1 vista do acordo de onte, chamou a que os \u201cmovementos sociais e a que esquerda m\u00e1is combativa se levante e loite\u201d; cuesti\u00f3n que r\u00e1pido ter\u00e1 a s\u00faa proba de lume cando o acordo troika-goberno grego sexa votado nun parlamento grego no que moitos deputados de Syriza dificilmente poder\u00e1n xustificar un voto positivo.<\/p>\n<p>Francisco Lou\u00e7\u00e3, o l\u00edder do Bloco de Esquerdas, expu\u00f1a nun artigo recente de xeito soberbio<b> <\/b>como a actitude timorata e europ\u00e1nfila da esquerda europea conduciu a un cami\u00f1o de sucesiva renuncia:<\/p>\n<p><i>Quase toda a esquerda est\u00e1 a recuar perante a crise grega. Os que defendiam um acordo internacional para a mutualiza\u00e7\u00e3o da d\u00edvida d\u00e3o a causa por perdida, os que esperavam os sensatos eurobonds desistiram e ainda h\u00e1 espectaculares ren\u00fancias \u00e0 luta pela reestrutura\u00e7\u00e3o da d\u00edvida. A esquerda tem medo. Percebeu agora que o Tratado Or\u00e7amental n\u00e3o tem margem para evitar a austeridade e que a \u00fanica solu\u00e7\u00e3o estrutural para reestruturar a d\u00edvida \u00e9 emitir moeda pr\u00f3pria e reorganizar a economia dependente. Percebeu tamb\u00e9m que o protectorado \u00e9 uma regra europeia e n\u00e3o se disp\u00f5e a enfrent\u00e1-la, sente que o caminho \u00e9 demasiadamente dif\u00edcil e que n\u00e3o sabe percorr\u00ea-lo.<\/i><\/p>\n<p>Que ensinanzas deixa, ou deber\u00eda deixar, a experiencia grega desde a \u00f3ptica dos pa\u00edses que integran o estado espa\u00f1ol?<\/p>\n<p>A primeira \u00e9 que o pequeno pa\u00eds heleno pagou nas s\u00faas carnes ser utilizado coma mensaxe para outros estados do sur de Europa cuxo volume econ\u00f3mico os converte en potenciais desestabilizadores da Uni\u00f3n Europea. A dureza das elites europeas cun pa\u00eds que non supu\u00f1a unha verdadeira ameaza para a UE (outra cousa ser\u00eda o papel xeopol\u00edtico que poder\u00eda xogar unha Grecia dentro da \u00f3rbita rusa) quixeron enviar unha dura carta, a trav\u00e9s do buz\u00f3n grego, aos estados m\u00e1is grandes do sur europeo.<\/p>\n<p>A segunda \u00e9 que o dogma do <i>There is no alternative<\/i> thatcheriano campa \u00e1s s\u00faas anchas nos corredores de Eurolandia. Metidas como est\u00e1n as esquerdas do estado espa\u00f1ol na vor\u00e1xine de imaxinar o mellor modo de asaltar o pazo (como se a Moncloa fose a\u00ednda o Pazo de Inverno do poder soberano), sorprende a falta de alusi\u00f3ns \u00e1 cuesti\u00f3n UE en todos eses plans fant\u00e1sticos que se est\u00e1n a desenvolver. Se, como di Lou\u00e7\u00e3, o Tratado Orzamental non ten marxe para evitar a austeridade, que pensan facer as esquerdas do estado espa\u00f1ol cando se trate de crear o seu propio Programa de Tesal\u00f3nica? Van vender ilusi\u00f3ns que ser\u00e1n defraudadas cando as <i>Instituci\u00f3ns<\/i> chamen \u00e1 orde? Propor\u00e1n un programa que encaixe na estreita idea do posible imperante na Eurozona? Apelar\u00e1n ao rexeneracionismo (modernizaci\u00f3n, centralidade do discurso anticorrupci\u00f3n, cidadanismo, sistema electoral, reforma das administraci\u00f3ns\u2026) e \u00e1 lectura ensimismada dos problemas do estado espa\u00f1ol (o estado espa\u00f1ol como lugar intrinsecamente negado para o progreso, \u00edtems propios da \u201ccasta intelectual\u201d, en feliz expresi\u00f3n de Ignacio S\u00e1nchez Cuenca), como se as transformaci\u00f3ns institucionais antidemocr\u00e1ticas que est\u00e1 a levar a cabo o capitalismo globalizado (da Uni\u00f3n Europea ao TTIP, da OTAN ao FMI), nada tivesen que ver con n\u00f3s?<\/p>\n<p>M\u00e1is a\u00ednda, entre aqueles que non sigan a estratexia da Unidade Popular para acadar o poder do Estado, ref\u00edrome concretamente a v\u00eda catal\u00e1 independentista, e m\u00e1is en concreto a\u00ednda, \u00e1s forzas de esquerdas que apoian esa v\u00eda, que lectura se fai do acontecido con Grecia? Que encaixe se imaxina para un pa\u00eds autodeterminado do estado espa\u00f1ol no contexto da Uni\u00f3n Europea?<\/p>\n<p>A coincidencia na falta de reflexi\u00f3n sobre estas cuesti\u00f3ns tanto en quen avoga pola estratexia de propiciar un proceso constitu\u00ednte no estado como en quen avoga pola secesi\u00f3n como m\u00e9todo para comezar de cero indican que<b> <\/b>a repetici\u00f3n do modelo traxic\u00f3mico grego \u00e9 un horizonte m\u00e1is que probable.<\/p>\n<p><i><b>Fonte:<\/b><\/i> <a href=\"http:\/\/praza.gal\/opinion\/2609\/repeticion-da-farsa\/\">http:\/\/praza.gal\/opinion\/2609\/repeticion-da-farsa\/<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p class='MsoNormal' style='text-align: justify;'>P\u00f3dese dicir xa sen ning\u00fan tipo de rodeo que a estratexia do \u201deuro bo\u201d, a crenza idealista de que era posible outro tipo de pol\u00edticas dentro do estrito cors\u00e9 da eurozona, fracasou estrepitosamente.<\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":2979,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[13],"tags":[],"class_list":["post-2978","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-la-izquierda-a-debate"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2978","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2978"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2978\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/2979"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2978"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2978"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2978"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}