{"id":3136,"date":"2016-03-17T00:00:00","date_gmt":"2016-03-16T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=3136"},"modified":"2020-02-19T08:56:54","modified_gmt":"2020-02-19T07:56:54","slug":"notas-sobre-un-libro-de-stuart-holland","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espai-marx.net\/?p=3136","title":{"rendered":"Notas sobre un libro de Stuart Holland"},"content":{"rendered":"<p>Ve\u00f1o de ler <i>Contra la hegemon\u00eda de la austeridad<\/i> (Arpa, 2016), de Stuart Holland. Un traballo tan breve como interesante. O autor \u00e9 un personaxe metido en lides pol\u00edticas desde hai ben tempo. Foi asesor do presidente laborista Harold Wilson e de Jacques Delors cando este presid\u00eda a Comisi\u00f3n Europea. O libro paga a pena tanto polo que di como polo que non di e, sobre todo, polo feito do autor poder narrar alg\u00fans episodios desde \u00abdentro do becho\u00bb.<\/p>\n<p>Non pretendo facer unha cr\u00edtica sistem\u00e1tica do libro. Apenas un par de notas.<\/p>\n<p>Entre o interesante que non di, destaca a total ausencia de calquera comentario sobre o papel xogado pola xeopol\u00edtica do s\u00e9culo XX no nacemento do proceso de integraci\u00f3n europea. A ausencia comp\u00e9nsase coa cr\u00edtica \u00e1 figura de Jean Monnet, ao que ve responsable, en boa medida, da UE que hoxe padecemos. Unha UE composta por organismos elitistas que non responden democraticamente ante ningu\u00e9n. Os antecedentes deste tipo de organismos est\u00e1n, a dicir de Holland, no <i>Comissariat G\u00e9n\u00e9ral du Plan<\/i> creado por De Gaulle e presidido por Monnet. Trat\u00e1base dunha comisi\u00f3n encargada de planificar a econom\u00eda francesa que, ademais de ter o monopolio da inciativa, non rend\u00eda contas ante o Executivo nin ante a Asemblea Nacional.<\/p>\n<p>A tese m\u00e1is destacable de Holland (de especial relevancia agora que o Reino Unido someter\u00e1 a referendum a s\u00faa pertenza \u00e1 UE) \u00e9 que o proceso de integraci\u00f3n europea perdeu a oportunidade de dotarse dunha estrutura confederal xa no momento en que as teses de Monnet sobre a toma de decisi\u00f3ns e o monopolio da iniciativa impiden que o Reino Unido estea na Conferencia de Messina de 1955, antesala da creaci\u00f3n da Comunidade Econ\u00f3mica Europea do tratado de Roma de 1957 (cuxa axenda, a dicir de Holland, era puramente liberal) e impedindo as\u00ed que descansase nos Estados a preservaci\u00f3n da lexitimidade democr\u00e1tica. En lugar diso, o que trunfou foi o esquema federal, consistente na creaci\u00f3n dunha superestrutura aut\u00f3noma non vinculada aos pobos europeos, unha especie de supranacionalismo sen naci\u00f3n e sen demos.<\/p>\n<p>Holland reivindica a figura de Delors, en cuxo Libro Branco, creado durante a s\u00faa presidencia da Comisi\u00f3n Europea, xa figuraba a que ser\u00eda a medida m\u00e1is potente de \u00abUnha modesta proposici\u00f3n para resolver a crise da zona euro\u00bb asinada en 2013 por Stuart Holland canda James K. Galbraith e Yanis Varoufakis: a emisi\u00f3n de eurobonos a trav\u00e9s do Banco Europeo de Investimento cos que financiar un <i>New Deal<\/i> Europeo.<\/p>\n<p>\u00c9 ir\u00f3nica a reivindicaci\u00f3n de Delors por parte de Holland ao tempo que se arela unha integraci\u00f3n europea confederal, habida conta de que foi Delors quen, no seu desempe\u00f1o como Ministro de Finanzas de Francia, aconsellou a Mitterrand o regreso \u00e1s pol\u00edticas de austeridade e clausurou a esperanza que representaba o goberno entre socialistas e comunistas de comezos dos anos oitenta do s\u00e9culo XX; e foi tam\u00e9n Delors quen, desde a Presidencia da Comisi\u00f3n, impulsou a creaci\u00f3n da Acta \u00danica Europea.<\/p>\n<p>Por outra banda, esta iron\u00eda p\u00f3dese estender \u00e1 figura de Varoufakis: acaso non foi a teima de Varoufakis de enfocar a negociaci\u00f3n Grecia-Eurogrupo como un problema europeo que esix\u00eda unha soluci\u00f3n europea en lugar de aproveitar as pancas que lle daba o Estado grego e a lexitimidade democr\u00e1tica outorgada polo pobo ao seu goberno -posta de manifesto no heroico referendum polo non ao novo memorandum- un novo trunfo da concepci\u00f3n federal europea en detrimento da confederal? E, a\u00ednda que sexa algo cedo para avalialo correctamente, non \u00e9 o movemento DiEM25, plataforma paneuropea sen arraigo nin estrutura en ning\u00fan pa\u00eds da UE, outra repetici\u00f3n da idea federal onde as cousas emanan desde arriba dando por suposta a adhesi\u00f3n posterior dos que est\u00e1n abaixo?<\/p>\n<p>O libro de Holland conxuga datos e an\u00e9cdotas de interese con reflexi\u00f3ns sobre psicolox\u00eda, neurociencia, percepci\u00f3n, Gestalt, tradici\u00f3ns relixiosas etc, que son usadas para explicar determinadas decisi\u00f3ns de mandatarios.<\/p>\n<p>Se cadra, atr\u00e9vome a aventurar, este psicoloxismo e a ausencia de reflexi\u00f3n sobre correlaci\u00f3n de forzas \u00e9 idiosincr\u00e1sico deste tr\u00edo de autores da \u00abModesta proposici\u00f3n\u00bb: unha proposta formalmente brillante que promete mudar as pol\u00edticas econ\u00f3micas da UE sen mover unha coma dos tratados e sorteando os intereses materiais encontrados dentro dos pa\u00edses pero que, como as teses defendidas por Varoufakis ante a Troika, sorprendentemente atopa moitos atrancos para imporse mediante a pura apelaci\u00f3n abstracta \u00e1 raz\u00f3n, \u00e1 democracia, ao progreso.<\/p>\n<p>Fonte: <a href=\"http:\/\/ofunambulistacoxo.blogspot.com.es\/2016\/03\/veno-de-ler-contra-la-hegemonia-de-la.html\">http:\/\/ofunambulistacoxo.blogspot.com.es\/2016\/03\/veno-de-ler-contra-la-hegemonia-de-la.html<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p style='margin-bottom: 0.64cm; background: #ffffff; line-height: 150%;' align='justify'>Ve\u00f1o de ler Contra la hegemon\u00eda de la austeridad (Arpa, 2016), de Stuart Holland. Un traballo tan breve como interesante. O autor \u00e9 un personaxe metido en lides pol\u00edticas desde hai ben tempo. Foi asesor do presidente laborista Harold Wilson e de Jacques Delors cando este presid\u00eda a Comisi\u00f3n Europea. O libro paga a pena tanto polo que di como polo que non di e, sobre todo, polo feito do autor poder narrar alg\u00fans episodios desde &#8216;dentro do becho&#8217;.<\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":3137,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14],"tags":[969,917,1035],"class_list":["post-3136","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-democracia-republica","tag-contra-la-hegemonia-de-la-austeridad","tag-resenas","tag-stuart-holland"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3136","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3136"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3136\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/3137"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3136"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3136"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espai-marx.net\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3136"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}