Un punto de encuentro para las alternativas sociales

6 hipóteses

David Rodríguez

Seis reflexións-hipóteses (sen ánimo de sentar cátedra) sobre as dialécticas que podería causar o triunfo de movementos nacionalistas tipo Podemos nos estados do sur de Europa que me suscitou o coñecemento desta enquisa.

1. A verdadeira natureza da UE vaise desenmascarando, no sur de Europa, despois de décadas de propaganda alienante.

2. Nos estados do sur está a crecer a identificación entre soberanía e democracia como a solución ao trilema que Dani Rodrick vía nos fenómenos globalización-soberanía-democracia. Unha solución ao trilema que, dentro do Estado español -onde a esquerda tiña problemas para crear un nacionalismo progresista- sempre defenderon os movementos nacionalistas-independentistas subestatais de esquerdas fronte a certo cosmopolitismo abstracto reacio a recoñecer que ser “a Esquerda” no marco do Estado español era unha forma de soberanismo español e non de “Universal” superador da dialéctica nacional.

3. A utopía “Europa dos pobos” como saída para os pobos sen estado da opresión do Estado-nación, do punto de vista de esquerda, non é viable. Mesmo unha UE reformada pola presión dos nacionalismos do sur será unha Europa dos Estados na que estes se mostrarán reacios a diluírense entregando soberanía a instancias superiores.

4. O soberanismo de Estado-nación interpretará toda reivindicación de soberanía sub-estatal como unha ameaza e tenderá a coagular a forma Estado-nación actual como algo intocable, pronunciando a centralización e bloqueando a posibilidade de que o proceso soberanista continúe cara escalas máis baixas.

5. A saída máis viable para os movementos independentistas-nacionalistas, do punto de vista de esquerdas, consiste en profundizar o caracter federal-confederal do Estado-nación español.

6. Pero dentro dun Estado español federal-confederal, Galicia é quen ten máis complicado manter a súa soberanía por tratarse dunha zona económica e demograficamente residual na xeopolítica española e por necesitar crear un contrapeso á basculación socioeconómica mediterránea do Estado español mantendo unha relación cada vez máis intensa co estado-nación portugués.

Fuente: http://ofunambulistacoxo.blogspot.com.es/2016/06/6-hipoteses.html

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *