Catro notas sobre as Marchas da Dignidade
Se unha das condicións sine qua non para poder falar de auténtico movemento de masas de esquerdas, e non de carrusel electoral, é que exista autonomía a respecto das ideas, medios e organizacións hexemónicas, as Marchas da Dignidade, coa súa capacidade para mobilizar a milleiros partindo da autoorganización de cidadáns conscientes, movementos sociais, sindicatos e partidos non sistémicos baixo o manto de silencio dos grandes media e o desentendemento absoluto do social-liberalismo e dos sindicatos de concertación poñen de manifesto o que cada vez semella máis obvio: o réxime político-económico-cultural que sustenta hoxe o entramado institucional do Estado Español sofre unha aguda crise de hexemonía que está a aboiar primeiro na desafección do ‘pobo de esquerdas’ coas organizacións que até o de agora actuaban como mediadoras-integradoras.
Read more








